Saturday 11 de May de 2024

A Xunta comeza as obras para dotar de saneamento ao núcleo de Sirves en Olveira


A Xunta de Galicia comezou esta semana as obras para dotar de saneamento ao núcleo de Sirves, na parroquia riveirense de Olveira: unha actuación promovida pola Consellería de Medio Ambiente e cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Actualmente, en Sirves non existe ningún tipo de rede de saneamento, habendo unicamente nalgún tramo unha liña de pluviais para canalizar as augas superficiais.

EDAR de Corrubedo
Así e logo, o que se plantexou foi a execución dunha rede de saneamento de máis de 1.500 metros de lonxitude a base de colectores que recollerá as augas residuais urbanas situadas nesta zona e serán canalizadas ata a rede xeral co fin de ser conducidas ata a EDAR de Corrubedo. A actuación está dividida en 6 tramos a través dos cales as augas serán conducidas por gravidade ata os respectivos puntos de conexión, situadas na citada rede xeral.

A obra foi adxudicada a Viceca, Obras y Servicios, S.L., por importe de 158.185,72 euros, IVE incluído. O prazo de execución son catro meses.